Guerra de Independencia e Revolución liberal

Páginas: 5 (1005 palabras) Publicado: 26 de enero de 2015
COMENTARIO 1: 1808-14 GUERRA DE INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN LIBERAL

Entre 1808 e 1814 produciuse en España a crise do Antigo Réxime e a Revolución liberal, coa promulgación da primeira Constitución española en 1812 e, ao mesmo tempo, tivo lugar unha guerra contra o exército dos franceses (a guerra de independencia), que mantiñan como rei a Xosé I, irmán de Napoleón logo das abdicacións dosreis españois en Baiona.
A principios do século XIX , durante o reinado de Carlos IV, o goberno español, dirixido por Godoy, permitira o paso das tropas francesas por España, acordando o mutuo reparto de Portugal e a creación dun reino do Algarves para Godoy. O seu crecente poder provocara medo entre moitos españois e, sobre todo, por parte de Fernando VII, fillo de Carlos IV, quen temía que acoroa lle fose cedida a Godoy no seu lugar. Por iso conspirou para lograr a abdicación do seu pai e así herdar a coroa.
En marzo de 1808 producírase o motín de Aranxuez, onde os partidarios de Fernando obrigaron a Carlos a abdicar no seu fillo. Estes sucesos foron para Napoleón unha manifestación da crise da monarquía hispánica, polo que, coa escusa de mediar nas disputas da Coroa, reuniu áfamilia real en Baiona e obrigou a Fernando a devolver a Coroa ao seu pai, quen cedeu os dereitos a Napoleón. A cambio, ambos Borbóns foron recompensados. Despois, Napoleón nomeou ao seu irmán Xosé I como rei de España.
Isto non foi do agrado dos españois, quen reclamaban os dereitos de Fernando VII ao trono. O dous de maio de 1808, os madrileños amotináronse contra os franceses. Esta insurrecciónpopular marcou o inicio da Guerra de Independencia, ou guerra contra os franceses.
No exército francés que sufocou a insurrección destacou o xeneral Murat, quen estaba ao seu mando. Mural dera ese mesmo día diversas ordes para reprimir esta sublevación, ameazando de morte a aqueles que se viran implicados no disturbio, restrinxindo a 8 persoas as xuntanzas (“máis de oito persoas seríanconsiderados como unha xunta sediciosa”), ademais de castigar a aqueles que difundiran ideas a favor da sublevación. Estas medidas foron a resposta inmediata dos franceses ante o sangue derramado aquel 2 de maio de 1808. (DOC 1)
Os pobos españois agrupáranse para conseguir derrotar aos franceses, ademais de pedirlle axuda a Inglaterra e animar ao pobo a colaborar na defensa da patria.
As elitesdominantes, co apoio do pobo, crearon novas institucións de goberno- as Xuntas- que se encargaron non só da loita contra os franceses (encargáronse de declararle a guerra a Francia), senón tamén de reformar o sistema vixente. Entre maio e xuño de 1808 numerosas vilas e cidades formaron xuntas de goberno, a causa da ausencia do rei, quen crían secuestrado por Napoleón. Estas xuntas representaron unharuptura do sistema político vixente , xa que asumiron a soberanía na súa xurisdición. En cada poboación xurdira unha xunta local e todas elas estiveron baixo a autoridade dun número reducido de Xuntas provinciais que, para maior coordinación, formaron a Xunta Suprema Central Gobernativa de España e das Indias. Vilas e cidades proclamaran as súas xuntas, como fixo Asturias por exemplo, tal e comofigura no segundo documento. Nesta proclama exprésase o patriotismo que defendían, animando aos asturianos a enfrontarse aos franceses e a defender o dereito ao trono do rei español.
Entre os métodos de loita contra os franceses destacou a guerrilla, que se baseaba na formación de pequenas cuadrillas de homes, apoiándose no coñecemento do terreo e contando coa axuda da poboación. Así se enfrontaronaos franceses en accións limitadas sen recorrer á batalla frontal. Un dos guerrilleiros máis destacados foi Xoán Martín Díaz, o Empecinado.
Por outra parte, a guerra de independencia pode ser considerada, ademais dun conflito contra os franceses, unha guerra civil, xa que enfrontou aos españois patriotas contra os afrancesados e, ao mesmo tempo, a dúas tendencias dentro dos patriotas, os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • LA GUERRA DE INDEPENDENCIA Y LOS COMIENZOS DE LA REVOLUCIÓN LIBERAL. LA CONSTITUCIÓN DE 1812.
  • La crisis de 1808. guerra de independencia y cominezos de la revolución liberal
  • La crisis de 1808. La Guerra de la Independencia y los comienzos de la revolución liberal.
  • La Crisis De 1808. La Guerra De La Independencia Y Los Comienzo De La Revolución Liberal
  • guerra y revolución liberal
  • Historia De España : La Crisis De 1808. La Guerra De La Independencia Y Los Comienzos De La Revolución...
  • 11.1. La crisis de 1808. la guerra de la independencia y los comienzos de la revolución liberal.
  • 1 La crisis de 1808. la guerra de la independencia. los comienzos de la revolución liberal.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS