Estudios

Páginas: 7 (1514 palabras) Publicado: 16 de febrero de 2013
LENIN

Vladimir Ilich Ulianov Blank (Simbirsk 10-4-1870 - Moscú 21-1-1924) , alias “Lenin” foi: un político ruso, teórico comunista , líder do bando bolchevique do partido socialdemócrata de Rusia, principal dirixente da Revolución de Outubro e primeiro dirixente da URSS.

Lenin naceu no seo dunha familia humilde. O pai deste era inspector de Escolas rurais, isto fixo posible que o seu fillopuidese cursar estudos primarios e secundarios. O irmán maior deste, Alexandre, introduce ao mozo na lectura de textos revolucionarios contrarios ao réxime tsarista. Grazas ao seu irmán, puido entrar na organización “ A Vontade do Pobo” integrada por estudantes de San Petesburgo, dita organización era de carácter secreto e revolucionario. Alexandre foi torturado e aforcado por formar parte dunatentado contra o tsar Alexandre III, este feito debeu afectar a Lenin, xa que decidiu que ía decicar a súa vida a acabar co tsarismo.

Lenin estudou dereito na Universidade de San Petesburgo. Estaba moi influido por Marx, aínda que era tamén discípulo de Plekhanov ( primer ideólogo do pensamento bolchevique) e de Netchayev ( seguidor de Bakunin). Debido as súas posturas políticas foidesterrado da Universidade de San Petesburgo. Arredor do 1891 abandoa a súa profesión de abogado, xa que consideraba que estaba ao servizo dos poderosos e adicouse a escritura do seu pensamento en forma de folletos e pequenas obras, un deles, Os amigos do pobo, alcanzou gran difusión en 1894.

No 1895 creou un grupo de axitación a “ Unión de loita para a emancipación da clase obreira”, o obxectivo destegrupo era combatir a opresión e miseria a que o capitalismo sometía aos proletarios rusos. Ese mesmo ano marcha a Suiza e a Alemaña para cambiar impresións con outros revolucionarios marxistas e anarquistas, pero o Servicio Secreto social ruso delátao, polo que é arrestado ao chegar a San Petesburgo e deportado a Siberia. Pero no seu retiro forzoso pode organizar en Minsk o primer Congreso doPartido Socialdemócrata ruso. Durante a súa deportación contrae contrae matrimonio coa dirixente socilista Nadejda Krupskaïa.

No 1900 consegue saír de Siberia para ir buscar asilo a Suiza. Neste país funda o periódico “Iskra” xunto a Plekhanov, tamén fundará con este a revista “Vperiud”, pero cando Lenin publica o escrito “Que facer?” vemos que está completamente oposto as posturas dosmenxeviques (moderados do Partido Socialdemócrata ruso ), defendidas por Plekhanov, polo que a colaboración entre estes foise distanciando cada vez máis.

En Suiza Lenin leva a cabo unha incesante actividade na que imparte conferencias, escribe, organiza o movemento revolucionario,etc. Covértese na referencia da esquerda revolucionaria. A apertura política de Rusia fixo posible que Lenin e os seuscolaboradores puidesen voltar ao seu país natal, polo que Lenin adicouse a estruturación dun movemento obreiro e proletario. Debido ao retroceso da apertura democrática rusa, levouse a cabo un recorte das liberdades, polo que Lenin tivo que fuxir de novo vivindo en Suiza, París e Londres. Nesta etapa forxa unha gran amizade con Trotski e no 1909 escribirá a súa mellor obra Materialismo eempiocriticismo.

Con motivo da I Guerra Mundial regresa a Rusia clandestinamente en 1917. Considera que a guerra trátase dun enfrontamento provocado polo capital, no que os obreiros morren por unha causa absurda, axena e explotadora. Polo que propón un pacto coas esquerdas alemás para non participar no conflito, ao mesmo tempo que dirixe os seus ataques contra o goberno provisional do príncipe Lvov. Nodiario Pravda publica o seu programa, que inclúe, ademais do fin da guerra, o reparto das terras entre os campesiños e o poder dos soviets.

Ao pouco tempo a situación volveuse insostible. O 4 de maio de 1917 produxérenose sublevacións en San Petesburgo reclamando a fin da guerra. O 17 de xullo, nesta mesma cidade, producíronse protestas contra o menxevique Kerensky, provocando unha resposta...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Estudiante
  • Estudiante
  • Estudiante
  • Estudiante
  • El estudiante
  • Estudiante
  • Estudiante
  • Estudiante

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS